Ayer domingo falleció mi madre y quiero desde este blog hacerle un merecido homenaje en forma de carta de despedida. Carta que también saldrá publicada mañana martes en La Voz de Galicia, edición de Bergantiños. Desde aquí mi agradecimiento a Xosé Ameixeiras por facilitarme esa publicación. Aunque en este blog el idioma utilizado es el castellano, en esta ocasión voy a usar el gallego, la lengua con la que siempre me comuniqé con mi madre y que es, a fin de cuentas, también mi lengua materna.
Carta a Manuela Pena
García
Todo foi tan triste, o
Alzheimer é unha enfermidade moi condenada. E para rematar, leváronte
directamente da
morgue ao panteón, sen apenas poder despedirnos de ti. Os dous últimos anos
foron moi duros, para todos os que te queriamos, pero iso non é nada comparado
co que ti sufriches, en soidade. Non lle tiñas medo á morte, dicías, pero
pensar que esta é para sempre dábache pánico. Non merecías ese final. Houbo
moitos momentos de rabia en que desexei ser crente para poder blasfemar como Deus
manda. Pero eu prefiro quedarme cos momentos bonitos, que tamén os houbo. Foron
dous anos tamén nos que puiden darche o cariño que non che souben dar antes, un
cariño que tanto necesitabas, e que tanto
botaches en falta ao longo da túa vida. Puiden tamén coñecer á persoa que fuches
antes de que eu nacera, de nena, de moza. Iso non hai cartos no mundo que o
paguen. Non hai moito, durante un xantar entrañable, unha amiga que me coñece
moi ben, pero que non vos coñecía nin a ti nin a papá, fíxome unha pregunta que
me deixou tremendo: - José Manuel, o teu
sorriso de quen o herdaches, do teu pai ao da túa nai? Non dubidei nin un
segundo. O triste é que nunca reparara niso e nunca lle din a importancia que
iso tivo e segue a ter na miña vida. Ademais da forma de rir e de sentir, o
disfrutar con moita alegría os momentos bonitos e a actitude optimista de intentar
esquecer as cousas tristes canto antes, - non
penses niso agora, soías dicirme, é o legado máis prezado que me deixas. Sei
que agora vas descansar, espero que sexa no ceo, pois ti si es crente e porque
o tés gañado. A min concédeme un par de semanas para chorar a túa perda, pero
despois prométoche que vou recordarte sempre con un sorriso e con moitas gañas
de vivir, como as que ti tiñas. Este retrato é un dos centos que che fixen nos
derradeiros dous anos. Foi ao comenzo da túa enfemidade, ti xa sabías que algo
andaba mal, pero gústame esa expresión de dignidade coa que miras á cámara e ao
futuro. Así eras e así te recordarei sempre. Descansa en paz, Mamá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario